miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Fiesta por todo lo alto en Momán alrededor de una gran paella

Participantes en la Festa da Paella de Momán.
Participantes en la Festa da Paella de Momán.
Unhas 360 persoas asistiron á sexta edición da cita que promove a asociación veciñal

A sociedade cultural e recreativa de Momán vén de organizar con grande éxito a sexta edición da Festa da Paella, unha cita que xa ten entidade propia, malia a nacer co fin de recadar fondos para as dúas festas desta parroquia xermadesa, o San Antonio en xuño e o San Bartolomeu, que é o patrón, no mes de agosto.

Nesta ocasión, ao redor de 360 persoas xuntáronse nas naves do Campo da Feira de Momán para saborear o tradicional xantar de confraternidade a base de empanada, paella e xamón cocido, que desta vez se encargou de preparar o restaurante Casa Maragata da Torre (Vilalba), aínda que como de costume os encargados de servir a comida foron un grupo de voluntarios da entidade organizadora.

A xuntanza completouse cunha misa solemne cantada polos alumnos da Uned Sénior Eume-Terra Chá e diversos entretementos para os asistentes a esta animada xornada.

Así, ao longo de toda a tarde unha discoteca móbil púxolle o ritmo á cita, e foron moitos os que se animaron a mover o esquelete e mesmo a participar nun concurso de baile. Non foi o único entretemento, pois tamén houbo xogos e, por suposto, disputadas partidas de cartas, onde se impuxo maioritariamente o tute.

«Foi un éxito, tivemos moi boa resposta», aseguran dende a organización, satisfeitos de poder promover un evento que serve «para xuntar os veciños, porque se non a algúns case nin os ves».

Fiesta por todo lo alto en Momán alrededor de una gran paella
Comentarios