Festa galega e feminina

Carmen Basadre destaca a presencia de artistas galegos e de mulleres no cartel festivo
Carmen Basadre
photo_camera Carmen Basadre

"O MELLOR do San Froilán sempre está por vir", subliña a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, quen destaca que as festas organízanse "coa ilusión de que todo o mundo poida disfrutar. Pénsase en todas as idades e en todo tipo de música". Esa é a filosofía seguida á hora de perfilar as máis de 200 actividades programadas, "na procura de facer un San Froilán moi galego, que recupera a nosa tradición e a nosa cultura, e tamén será unha festa con protagonismo feminino".

Basadre destaca a presencia de músicos do país. "Temos moi bos músicos e necesitamos xente de aquí, non hai que buscala toda fóra, pero tamén hai que valorar que o San Froilán é Festa de Interese Turístico Nacional e queremos prepararnos para solicitar o seu recoñecemento internacional, polo que temos que traer artistas con proxección exterior, sen deixar atrás aos nosos grupos de gaiteiros, a música tradicional ou as charangas. Tamén nos lembramos dos grupos da cidade, aos que lles damos un espazo nas festas". É importante tamén a presencia de artisas femininas no cartel, como son Rosa Cedrón, Sés, Guaid Galego, Woyza e De Vacas. "Actuarán un mínimo de seis mulleres porque no programa intentamos darlles un maior protagonismo".



"Lembro cando viña cun xato, co meu pai e o meu tío, que participaban con el no desfile de gando e traíano para vendelo"

CONTRA O SEXISMO. Con independencia da presencia artística feminina, Basadre precisa que "temos que loitar polos dereitos da muller sempre, non só nas festas. Debe ser un labor de toda a sociedade. Hai que respectar os dereitos de todas as persoas, e polo tanto das mulleres, que non deben ser vítimas de condutas sexistas". En consoancia con esta postura, o Concello demanda un San Froilán non sexista, "con tolerancia cero contra os abusos e as agresións sexuais. Hai que respectar a persoa que che di non. Se non quero que me toques, que me insultes ou me estés dando a tabarra é non. Non é non".

A concelleira de Cultura argumenta que que o exceso de alcol, ou doutras substancias, non disculpan certas actitudes que se es tán a sufrir nalgunhas festas. Son feitos intolerables, e é importante denuncialos, pero non só pola parte afectada, senón por calquera que detecte algo inapropiado".

Un dos cambios promovidos por Carmen Basadre nestes anos foi a recuperación das sesións vermú, que volven a estar de moda. "Empezamos coa actuación de orquestras e foron incorporándose grupos de Lugo, tanto nas sesións da Praza de Campo Castelo como nas que se fan na zona do mercado e na Praza da Soidade", comenta.

DÍA DO CAMIÑO. Como a orixe do San Froilán foron as feiras, nesta edición dedicáselle o Día do Camiño Primitivo á cultura tradicional, "á arte no Camiño Primitivo ao seu paso pola provincia de Lugo", afirma Basadre. Entre as actividades previstas está un obradoiro de Traxandaina sobre a vestimenta tradicional da provincia na ruta xacobea, os instrumentos musicais, o tecido da lá e o liño, e outros oficios vencellados á tradición. Esta mostra desenvolvérase no Cantiño Nemesio Cobreros. O Día do Camiño Primitivo, que se celebra o día 11, quedará institucionalizado cara o futuro. Como novidade, celebrarase A Ruta dos Dereitos Humanos no Camiño e se colocarán dúas placas na entrada e saída desta ruta ao seu paso pola cidade, acto que estará acompañado do gaiteiro Simón Piñón.

Ademais do omnipresente polbo e as atracións feriais, outro dos grandes reclamos do San Froilán son os concertos. Este ano hai catro ou cinco de certa entidade, como o de Goran Bregovic, celebrado onte, ou o de Iván Ferreiro, Tamén hai que salientar a actuación de Capercaille, unha das mellores bandas escocesas de música folk, que celebra o seu trixéximo aniversario. Tampoco hai que esquecerse do blues, cunha figura como John Nemeth, ou dun grupo pop do renome de Los Secretos.

Entre a ampla nómina de músicos locais atopamos a Alba Mesa, que estreará o seu primeiro disco nas festas da súa cidade natal, ou a Abraham Cupeiro, que presentará na Praza de Santa María o disco que acaba de gravar. É moi relevan te a presencia luguesa en modalidades coma o hip hop o rap ou a música electrónica, e artistas de todos os estilos estarán presentes no San Froilán.

Para facer realidade este programa, o departamento de Basadre manexa un orzamento que oscila "entre os 615.000 e os 620.000 euros, incluíndo produción, luz e demais gastos", precisa.

EN TODAS PARTES. A intención do goberno municipal é levar a festa por todos os barrios, con pasarrúas e música. Os fogos de artificio e as verbenas con orquestras galegas son outros dos atractivos da programación festiva.

Os nenos, aos que se dedican arredor de trinta actividades, tamén terán o seu protagonismo os días 14 e 15, mentres que o día 9, no que haberá un baile vespertino, estará dedicado aos maiores.

Nas patronais tampouco se descoida o aspecto literario, reflictido na publicación dun novo libro do San Froilán dos Devanceiros e na organización dunha nova edición da revista oral ‘A Letra das Festas’. Estas dúas actividades están dedicadas ao polpo.

VIVENCIAS. Entre as lembranzas que garda das patronais luguesas, Carmen Basadre fala con agarimo da feira de zocos e artesanía do barro que se celebraba na Praza da Constitución. "Encantábame comprar cestiños cheos de caramelos, que despois utilizaba de bolso. Viñamos no coche da feira. Eu nacín no concello de Guntín e na miña aldea, Lousadela, era moi importante a feira do 11. Unha xente de alí tiña autobuses, que nos chamábamos os coches da feira, e sempre os poñían para o San Froilán. Volvíamos á casa sobre as tres da mañá, cando rema taban as festas".

Basadre recuerda las casetas de madera, con bancos corridos, "nas que sempre tiñas que poñer algo por debaixo do prato para que non caese aceite na roupa".

Daquela, o San Froilán tiña un carácter más gandeiro. "Lembro vir ás feiras cun xato para participar nos desfiles de gando. Meu pai e meu tío viñan con el á feira. Son recordos da infancia que non esqueces, como montar nos cabaliños... Na noria non, que non soporto as alturas", asegura.

GASTRONOMÍA. Para promocionar o mercado da praza de abastos vanse mercar e cociñar os produtos postos alí á venda. Será durante a celebración da xornada ‘Saborea o San Froilán’. "A xente poderá levar esas receitas e se alguén quere cociñar a súa propia terá a oportunidade de facelo", manifesta Carme Basadre. Na súa opinión, "nesta época do ano temos un mercado e unha praza rica en produtos típicos desta época. É importante dalos a coñecer e que a xente merque na praza".

Veciños e visitantes son os grandes protagonistas das festas. Deles depende o histórico éxito do San Froilán. "Dende o Concello temos que agradecer esa colaboración social que permite que as festas sexan coma ata agora, unha celebración sana e sen incidentes, na que a xente se divirta en problemas", dice Carmen Basadre, quen apunta que as patronais luguesas "falan de nós e falan ben. Identifícannos dentro dunha tradición histórica e cultural e fanno da mellor forma posible, conxugando esa esencia tradiconal coa modernidade".

Comentarios