lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

A Festa dos Maiores de Xermade citou no pavillón uns 400 comensais

Darío Campos entregou un detalle ao asistente de máis idade
Darío Campos entregou un detalle ao asistente de máis idade
José Mouriño Balsa, de 98 anos, e Celia Castro Balsa, de 100, foron os asistentes máis maiores

O pavillón municipal de Xermade quedouse pequeno na celebración dunha nova edición da Festa dos Maiores, na que se deron cita ao redor de 400 comensais. 

A xornada arrincou cunha multitudinaria misa na igrexa parroquial de Xermade, e continuou cun concerto do coro da Uned Sénior Terra Chá-Eume, xa no pavillón. 

A continuación, os asistentes gozaron dun saboroso menú a base de polbo, paella e churrasco, e da animación musical do grupo Charada, que fixo bailar e cantar a aos presentes. 

Ao evento, ademais da corporación municipal, acudiu o presidente da Deputación, Darío Campos, que se amosou agradecido coa invitación e esperanzado en poder regresar o próximo ano. 

O Concello entregou un agasallo aos asistentes máis lonxevos, que nesta ocasión foron José Mouriño Balsa, veciño de Lousada de 98 anos, e Celia Castro Balsa, de 100, e tamén houbo sorteo de agasallos entre o resto de asistentes.

A Festa dos Maiores de Xermade citou no pavillón uns 400 comensais
Comentarios