A Festa dos Antonios suspéndese e a comisión decide doar os cartos

A comisión organizadora da vixésimo segunda Festa dos Antonios e Antonias de Vilalba, prevista para este sábado 22, decidiu suspender a cita ante a falta de xente anotada para participar nesta celebración onomástica.

Dita comisión -que recuperaba esta festa despois de varios anos sen celebrarse- contaba cun remanente de diñeiro de edicións anteriores, o cal usaron para abonar os gastos de publicidade da festa deste ano, concretamente para os carteis e as tarxetas de invitación á comida.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios