martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

A festa das Fillas de María volve este sábado en Xove

Demostración durante a edición do ano pasado (Foto: Antonio López)
Demostración durante a edición do ano pasado (Foto: Antonio López)

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove (Aciam) organiza este sábado unha nova edición da festa das Fillas de María, que segundo explicou o seu presidente, Javier Arca, inclúe actividades dende primeira hora da mañá ata as tantas da madrugada para todo tipo de públicos.

A cita ten un cambio de última hora na ubicación. «Como dan mal tempo vaise facer entre o pavillón de deportes e unha carpa diante do concello e así non hai necesidade de mollarse», aclarou, aínda que recoñece que quedaba máis vistosa na rúa onde a viñan facendo. Así, a metade do pavillón terá instalados xogos hinchables para os máis pequenos, durante todo o día a partir das 11.00 horas, e na outra metade abrirán, xa dende as 9.00, os postos do mercado artesanal. Haberá máis de 30 con artigos de todo tipo, «xoiería, teas, ganchillo, rosquillas e freixós..., todo artesán», di o portavoz dos comerciantes.

Consiga AQUÍ la información completa

A festa das Fillas de María volve este sábado en Xove
Comentarios