A Festa da Xuventude entre Aldeas reúne unhas 350 persoas

A celebración cumpriu coas expectativas dos seus organizadores, quen valoraron o respaldo dos veciños na estrea da cita

A primeira edición da Festa da Xuventude entre Aldeas, celebrada esta fin de semana na parroquia vilalbesa de San Xoán de Alba, logrou reunir unhas 350 persoas, cumprindo sobradamente coas expectativas dos seus organizadores.

Así, os 15 veciños de Alba, A Torre, Insua e Boizán que decidiron por vez primeira promover esta cita valoraron o respaldo que lles brindaron os seus veciños, quen acudiron en masa ao ágape de irmandade que se serviu nunha carpa instalada para a ocasión.

Á xornada lúdica non lle faltou ningún detalle, xa que ademais da animación musical a cargo dos grupos Fénix e Areal, que fixeron bailar e gozar aos presentes, tamén houbo un sorteo de agasallos e colchonetas gratuítas para os máis pequenos.

A festa prolongouse ata ben entrada a madrugada, con cea incluída, e coa ilusión de que outros veciños tomen o relevo e a cita se manteña por moitos anos.

Comentarios