A Festa da Merluza de Celeiro xa é de Interese Turístico Galego

Os organizadores, patrocinadores e colaboradores da festa brindan polo seu recoñecemento. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Os organizadores, patrocinadores e colaboradores da festa brindan polo seu recoñecemento. (Foto: José Mª Álvez)

A directiva de Penalba-Chilindrín rabeaba onte de felicidade trala aprobación por parte do Consello da Xunta da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro como Festa de Interese Turístico Galego, a guinda a moitos anos de traballo de todo un pobo para lograr o recoñecemento do seu produto máis insigne.

Na Praza do Náufrago xuntáronse para brindar a directiva de Penalba-Chilindrín, o presidente da confraría de pescadores, Domingo Rey, o adxunto ao director de Puerto de Celeiro, Eduardo Míguez, e o alcalde, Melchor Roel, logo de coñecer a boa nova. A Xunta transmitiu que valorou requisitos como «a antigüidade, a singularidade e orixinalidade, o valor cultural e o arraigamento cultural» da festa.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios