Fervor y ocio, juntos

Foz está de novo imbuido en mar, fervor e ocio. Estaba previsto que na vila dese comezo na tarde de onte unha nova edición das Festas do Carme, unha cita que entraña para os veciños do concello unha enorme significación, compartida tamén cos visitantes. Por elo, trátase dunha data especialmente destacada no calendario.

Nesta ocasión, é o Concello o que tomou as rendas de boa parte do traballo organizativo e, segundo o rexedor municipal, Javier Castiñeira, contarase para as festividades cun orzamento aproximado duns 25.000 euros.

Ó xuízo do alcalde, dous dos actos máis sobresalientes do programa festivo son a misa e máis a procesión. «Trátase de referentes a nivel autonómico e mesmo nacional. Son espectaculares. A imaxe da virxe do Carme emociona a todos», asegura Castiñeira. «O respecto que existe por todo o que representa, e todo o que o sector mariñeiro supón para Foz, é notorio», engade.

Doutra banda, o rexedor municipal salienta que o feito de que as festividades coincidan en fi n de semana propiciará que exista un número máis alto de postos, que se unirá a outros atractivos como as actuacións de diferentes grupos musicais.

Ademais, lembra que o domingo, xornada que marcará a conclusión da celebración, será un día de índole «máis cultural», con convocatorias como o Festival Aires do Masma.

SUPLEMENTO ESPECIAL de oito páxinas, este venres na edición impresa de A Mariña-El Progreso

FESTAS DO CARME DE FOZ

VENRES, 15

  • 20.00: Na igrexa parroquial, misa de fin de novena na honra da virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica de Foz
  • 21.00: Ofrenda floral do Concello de Foz a toda a xente do mar no monumento O Mariñeiro, en Túpide
  • 22.30: Gran verbena na explanada do peirao coa orquestra La Oca.
  • Ó longo de toda a noite, adornaranse as rúas da vila de alfombras florais para o paso da imaxe do Carme en procesión. A organización convida a colaborar a todos os que o desexen

SÁBADO, 16

  • 11.30: Na igrexa parroquial Santiago, misa solemne cantada polo Coro de Foz. A continuación, procesión polas rúas da vila. A Virxe do Carme, a ombros dos portadores percorrerá as rúas engalanadas coas alfombras florais confeccionadas para a ocasión. O grupo estará acompañado pola Banda de Música de Foz e os grupos folclóricos A Subela e O Feitizo, coa novidade de que este ano os portadores cantarán cancións mariñeiras ó seu paso
  • 17.00: II Travesía Ría de Foz, organizada polo Club Kayak de Foz.Regata de piragüismo puntuable para o XVI Gran Premio de Galicia de Ríos, Travesías e Maratón
  • 20.00: Na igrexa parroquial, misa na honra dos náufragos
  • 22.00: Gran verbena coas orquestras Latino, na Praza Conde de Fontao, e Marimba, na explanada do peirao

DOMINGO, 17

  • 12.00: Pasarrúas patrocinado pola Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo
  • 13.00: Misa na igrexa parroquial Santiago de Foz
  • 14.00: Sesión vermú na Praza Conde de Fontao co grupo musical Lecer
  • 16.30: Xogos infantís gratuítos no Paseo da Ribeira
  • 17.00: III Copa K4-C4 Foz, organizada polo Club Kayak de Foz. Regata de piragüismo puntuable para o XVI Gran Premio de Galicia de Ríos, Travesías e Maratón
  • 20.00: Pasarrúas a cargo dos grupos participantes no XII Festival Aires do Masma
  • 20.30: XL Sardiñada Popular no Paseo da Ribeira. Actuará o grupo folclórico O Feitizo
  • 22.00: XII Festival Aires do Masma, coa actuación dos grupos:
    - Coros e danzas Sherezade de Fuensalida, Toledo
    - Agrupación folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante
    - Asociación folclórico-cultural A Subela, de Foz
  • 00.30: Gran verbena co grupo musical Lecer na Praza Conde de Fontao
  • Durante todos os días de festa estará instalada no peirao a Pulpería Chelo.

Comentarios