Ferrol sigue enfadado

Jonathan Pereira tras consumarse el descenso del Racing (Foto: EFE)
photo_camera Jonathan Pereira tras consumarse el descenso del Racing (Foto: EFE)

Será difícil que a afección do Racing esqueza a xornada do domingo. Un simple empate do Celta ante o Alavés, e dados os resultados, permitíalle aos de Xoán Veiga salvar a categoría. Pero o equipo vigués, nunha patética segunda parte, viu como o Alavés lle remontaba en tres minutos.

Seareiros do Celta e do Racing coincidiron no seu enfado cos futbolistas celtiñas, pero algún directivo ferrolán foi máis aló. O vicepresidente José Criado asegurou que os xogadores do Celta “se foron co mellor postor”. “Non me parece normal que o Celta anuncie unha Lei Concursal cando aínda hai algo en xogo.

Se o seu club non os ampara, irán co mellor postor”, asegurou tras o encontro. Isidro Silveira, o presidente, tamén foi claro: “O Celta debería segar moitas cabezas. Eu faríao”. Hai tamén quen  pensa moito peor, sobre todo tras ver a actitude dalgún futbolista na segunda parte. A reacción dos seareiros celestes foi sintomática.

O Depor, a por Dani Aquino

E mentres uns se lamenta pola permanencia que puido ser, outros xa pensan na vindeira tempada. Resolta a incógnita de quen ocupará o banquiño do Celta, a atención galega céntrase nas fichaxes.

O Deportivo terá que loitar co Espanyol por facerse cos servizos de Dani Aquino, un rapaz que debutou a última tempada no Murcia con 17 anos e que é a estrela da canteira do equipo vermello.  O prezo de saída do futbolista sería de 8 millóns de euros.

Comentarios