Ferreira: una fiesta, dos ambientes

Unha actuación do festival.
photo_camera Unha actuación do festival.

OS VECIÑOS de Ferreira de Pantón puxeron onte fin ás súas festas patronais e na madrugada do sábado ao domingo viviuse unha situación paradoxal que demostrou que as alternativas diferentes, con filosofías distintas, tamén teñen cabida nos mesmos espacios e que deben quedar fóra das rivalidades organizativas. Na mesma franxa horaria, no campo da festa de Ferreira tivo lugar unha verbena coa orquesta Manila organizada polo Concello e, tan só uns metros máis arriba, fíxose o Festival do Castro, que ten unha recoñecida traxectoria e no que actuaron formacións como Balakandra, Skarallaos e La Troba Kung-Fú. Este festival naceu nos anos setenta e despois dunha época de parón fai un tempo que foi recuperado por un grupo de mozos da zona.

O curioso da noite foi que o público estivo a intercambiarse todo o tempo e mentras ducias de rapaces se achegaban de vez en cando á verbena para gozar das últimas novidades da orquestra, os máis maiores deron un paseo polo festival para coñecer de primeira man os grupos que moven á xuventude.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios