Felipe Arias Vilas: ''Viladonga es una gran muestra de que el mundo rural también acabó romanizándose''

Felipe Arias Vilas. (PEPE ÁLVEZ / AEP)
photo_camera Felipe Arias Vilas. (PEPE ÁLVEZ / AEP)

Escoitoar o seu nome é pensar directamente no castro de Viladonga. Durante máis de tres décadas, o arqueólogo, historiador e escritor Felipe Arias Vilas (Lugo, 1949) estivo ligado ao xacemento chairego, dirixindo os traballos de excavación e consolidación do mesmo desde o 82, e ao museo, do que é director desde o 83. Pero esta etapa chega nestes días ao seu fin, xa que Arias xubílase a próxima semana, un paso que considera un «accidente administrativo», posto que pensa seguir traballando a prol do patrimonio cultural.

Como naceu o seu interese pola historia e a arqueoloxía?

A vocación foise facendo pouco a pouco, sempre tiven máis interese pola historia, as letras e as humanidades que pola física ou as matemáticas. A miña formación é principalmente arqueolóxica e en historia antiga e tiven a gran sorte de traballar no que me gustaba, centrándome no mundo castrexo e galaico-romano. A xubilación digo que é un accidente administrativo, porque mentalmente un procura non xubilarse. Vou seguir traballando nestes temas e estarei vinculado a Viladonga pola asociación de amigos do museo.

Que valoración fai dos seus 32 anos en Viladonga?

O que máis destaco é o traballo en equipo que se fixo ao longo de todos estes anos, con xente que prestou a súa colaboración ao máximo e de forma desinteresada. As cousas fixéronse pouco a pouco e coa axuda de moita xente, e seguirá sendo así.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios