Felipe Aira Pardo: ''Judíos y cristianos vivían mezclados en Monforte''

Felipe Aira Pardo / Foto: ANA SOMOZAA cidade do Cabe é a protagonista de numerosos traballos deste monfortino, cuxo estudo sobre o pasado sefardí de Monforte foi clave para a incorporación da vila á Red de Juderías de España.

o pasado xudeu que herdou Monforte fai á cidade do Cabe aínda máis interesante. Este feito convida a soñar nos paseos polas vellas rúas que envolven o monte de San Vicente. Aínda hoxe hai monfortinos que non coñecen moito sobre o pasado da súa vila, sobre os habitantes que lle deron vida cincocentos anos antes, mais toda esta información permanece gardada na enciclopedia humana monfortina. Felipe Aira Pardo (Monforte, 1968) é o historiador e investigador especializado na materia co que conta a cidade do Cabe. Durante moitos anos estudou o pasado sefardí de Monforte, feito co que logrou que a vila formase parte da Red de Juderías de España. Ademais deste traballo, que considera inconcluso, ten outros moitos, mais todos eles relacionados coa historia de Monforte. Aira comezou a interesarse pola investigación no ano 1996 e dende entón, e sempre en función do tempo do que dispón, traballa para despexar os segredos que agocha a cidade do Cabe, un traballo que considera que xamais estará rematado.

O pasado domingo, ao igual que noutras ocasións, foi vostede o instrutor das visitas guiadas que transcorreron pola zona de ámbito xudeo de Monforte. Que valoración fai da xornada de posta en valor dese pasado?

As visitas foron moi ben. En total, debemos contar cunhas 80 persoas entre os tres percorridos que houbo no día. Estiveron moi ben. Percibín á xente moi interesada no tema e ademais había persoas de todas as idades, rapaces noviños e tamén persoas maiores. Mentres fixemos a visita tiven a oportunidade de falar con eles e puiden dar conta de que cada vez hai máis xente de Monforte que se interesa polo pasado xudeu da vila. Obviamente isto paréceme moi positivo. Penso que despois da visita moitos participantes contaranlle a amigos e familiares o que descubriron sobre a súa propia vila. Cada un dos recorridos que fixen foi diferente. Eu son o investigador, o que máis e mellor coñezo o tema, por iso teño moitos máis recursos ca un guía convencional, e sempre hai información inédita e novidades en cada unha das visitas. Ningunha é igual que a anterior porque non sigo un guión senón que narro unha historia que coñezo moi ben.

Dende cando está a traballar sobre o pasado xudeu de Monforte?

Comecei no ano 1999 e aínda non está rematado. Estes traballos nunca rematan, supoño que pararei cando

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios