Felicity Lott e Boris Berman brillan nunha Semana do Corpus estrelecida

Felicity Lott. aep
photo_camera Felicity Lott. aep

A soprano Felicity Lott e o pianista Boris Berman son as dúas estrelas principais nunha Semana do Corpus de Lugo no que tamén brillarán o director Ivor Bolton, a soprano Joana Seara ou a montaxe dunha peza de Bononcini con María Espada, Martín Oro e Furio Zanasi. O festival de música Cidade de Lugo desenvolverase entre os días 31 deste mes e 12 de xuño, segundo explicou o secretario da Sociedad Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz.

O directivo da entidade filomusical informou de que Felicity Lott ten Lugo como un dos dous concertos que vai dar en España, chegando cunha escolla persoal de temas para voz e piano que responden a un eixo temporal, o século XIX, e a un eixo xeográfico, ao ser cancións de Alemaña, Inglaterra e Francia, as seleccionadas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios