A feira do viño de Quiroga arranca este sábado cun aspecto renovado

A organización estreou as novas casetas para a venda dos caldos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González foi o encargado de inaugurar este sábado a Feira do Viño de Quiroga que cumpre 34 anos de vida. A novidade desta edición vén da man das casetas onde se poñen á venda os viños, que están completamente renovadas.

Pola tarde a actividades comezará a partir das cinco cando a banda de Gaitas San Martiño e o grupo Os Palletas animen o recinto. A partir das seis e media as actividades trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuará a Coral Polifónica de Quiroga, a Banda de gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga. Ás oito e media, no palco terá lugar o pregón a cargo de Kiko Hernández, colaborador do programa Sálvame de Telecinco, que estará presentado polo xornalista e escritor José Luís Blanco Campaña. Ao remate do pregón o propio pregoeiro decidirá quen é o gañador do VI concurso de camisetas.

O grupo Atenas será o encargado de pechar a festa e a verbena.

Comentarios