La Feria del Libro de Lugo cierra con un aumento de público y ventas estables

Santiago Martínez e David Cidre, onte con algúns pequenos aprendices de chef (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Santiago Martínez e David Cidre, onte con algúns pequenos aprendices de chef (Foto: Xesús Ponte)

A XXX Feira do Libro de Lugo despediu onte a todos os seus invitados cun doce sabor de boca. O sinalado aniversario foi máis concorrido que o de 2011, e as ventas mantivéronse en rexistros parecidos aos do ano pasado, a pesar da crise.

Estes dous feitos, que serán traducidos a cifras, constitúen o balance «xeral» do evento, según adiantou onte Antonio Fernández Maira, coordinador da Federación de Libreiros de Galicia.

Maira suliñou que a participación das escolas de música e danza na cidade, así como a visita de Gerónimo Stilton ou os talleres de cociña para nenos, foron todo un «acerto pola variedad e novidade», aire fresco para esta edición que «deixa unha mensaxe positiva de cara ó próximo ano».

Precisamente, a presentación dos volumes de ‘Cociña infantil e familiar’ mediante un obradoiro foi o acto central da última xornada. Esta colección da editorial Ouvirnos é un proxecto que pretende favorecer o achegamento dos máis novos á arte culinaria e arrinca cun título dedicado a bocadillos e sandwiches e outros centrado nas sobremesas. A colección conta con dez volumes, dos que xa se publicaron catro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios