A Feira de Antigüidades de Burela rematou con máis de 1.600 visitantes

A organización ve un éxito a cita logo de anos sen celebrarse e no 2017 queren "aumentar o número de expositores". O Concello programa para o domingo a cuarto Rastro de Segunda Man
Asistentes á feira de antigüidades
photo_camera Asistentes á feira de antigüidades

A Feira de Antigüidades e Coleccionismo de Burela, que estivo aberta desde o sábado ata este luns, pechou as súas portas logo de recibir máis de 1.600 visitantes, uns datos que a organización considerou moi positivos tendo en conta que a cita non se celebrou durante varios anos. O organizador do evento, Manuel Piñeiro, destacou o dato, sinalando que "é moi digno". Para o próximo ano un dos seus obxectivo é "aumentar o número de expositores".


Piñeiro recalcou os datos de asistencia. Segundo o organizador da cita, "o sábado e o domingo houbo bastante xente, hoxe pola mañá [polo luns] foi máis frouxo, pero pola tarde espero máis público, sobre todo a última hora". Tamén resaltou de novo que os 1.600 visistantes que pasaron polo pavillón Monte Castelo "é un dato digno, tendo en conta que levábamos varios anos sen facer este evento".

En canto aos visitantes, destaca que "o 90% eran turistas de fóra de Burela, que viñan á Festa do Marisco. Este tipo de eventos é un complemento a súa estancia. Veñen pasar o día e achéganse ata aquí a ver o que hai, pasan o día e a veces ofrecen algún artículo".

Con respecto á opinión dos expositores que se deron cita, Piñeiro asegura que "están contentos polo número de transaccións. Que haxa un nivel de ventas é importante, porque anima a vir a outros".

Nesta edición, Piñeiro destacou que foran 13 os expositores que se deran cita no pavillón de Monte Castelo, anticuarios e coleccionistas chegados sobre todo de Galicia, pero tamén de Francia, con dous stands, e de Burgos, con un.

Houbo bastantes vendas e o 90% dos visitantes foron turistas, moitos deles chamados pola Festa do Marisco de Burela

En canto os produtos que tiveron máis demanda, o organizador destacou que "a cerámica de Sargadelos tivo moita saída, porque aquí valórase moito, e tamén os libros". Piñeiro resaltou as pezas traídas polos anticuarios foráneos, sinalando o interese polos mobles traídos polos anticuarios franceses e as pezas militares que achega o coleccionista de Burgos.

En canto ao obxectivo para próximas edicións, Piñeiro remarca que é "poder superar o número de expositores", porque a feira resultaría así "máis atractiva para que nos visiten". En canto a cambios para futuras edicións, resalta que "o ideal sería ter unha ubicación máis céntrica, porque hai xente que dixo que estaba algo desubicada". Tamén "mellorar a organización da feira, pero non nos aventuramos porque aínda falta moito". Piñeiro sinalou que estes cambios serán valorados en canto comecen a preparar as próximas edicións das feiras de antigüidades e coleccionismo, polos meses de febreiro ou marzo.

RASTRO. O próximo domingo día 21, Burela acollerá o Cuarto Rastro de Segunda Man Burela, que se celebrará na Praza da Mariña desde as dez da mañá ata as tres da tarde.

A cita servirá para intercambiar libros, discos, roupa, accesorios, artículos de decoración e artesanía. A iniciativa, posta en marcha pola delegación de Cultura do Concello de Burela, será a segunda deste tipo que celebra este verán, logo do rastro celebrado en xullo.

Para este rastro, o prazo de inscripción está aberto ata o día 20. As bases para participar poden consultarse na páxina web do Concello ou no facebook da delegación de Cultura. Así mesmo, a inscripción pódese realizar por vía electrónica enviando un e-mail á Casa da Xuventude, a través do seu teléfono - 982.581.141- ou presencialmente nas instalacións desta entidade. A única condición para inscribirse, segundo sinalou o concelleiro de Cultura, José Díaz, é doar un quilo de alimentos para as familias necesitadas da vila.

Coma na outra edición do rastro, os interesados terán á súa disposición un taboleiro de tres metros por un. Haberá excepcións para os que acudan con productos perigosos, químicos farmacéuticos ou animais, como sinalan desde o Concello.

A organización agarda, "que haya la misma participación o más y tenga el mismo éxito que el primero que hicimos este año, tercero ya que llevamos celebrado".

Comentarios