Federalismo e identidades nacionais

(*)

Un dos principais referentes do federalismo asimétrico en España, Miquel Caminal, falecido hai uns meses, laiábase de que o principal atranco co que batía este sistema político era o nacionalismo, sobre todo o español, por ser incapaz de aceptar outras identidades; chamáballe nacionalismo por imperativo legal, a negación de calquera outra nación que non fose a súa.  Ese é o freo para o federalismo, que na base do seu pacto está o recoñecemento explícito da diversidade dos seus integrantes. Por iso agora a nova defensa federalista planteada polo PSOE representa un cambio cualitativo na visión de España, porque historicamente tanto nas repúblicas como na Transición o que xenericamente chamamos esquerda sempre se opuxo a unha soberanía que non fose en exclusiva a española. Parece que a crise do modelo autonómico o leva por outro camiño. A ver se con harmonía interna.

(*) Se mantiene el idioma original.


Comentarios