Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

XORNADA DE XOGOS, MÚSICA E POESÍA

As FeAs promove De Volta a Ítaca para apoiar a futura Casa da Xente

Presentación do festival De Volta a Ítaca, na casa do concello de Castro de Rei
Presentación do festival De Volta a Ítaca, na casa do concello de Castro de Rei
O festival, que terá lugar na área recreativa de Castro de Rei o día 30, recadará fondos para colaborar coa asociación Xermolos na rehabilitación da casa natal de Díaz Castro en Guitiriz

As FeAs, federación de asociacións na que están integrados unha trintena de colectivos, promove o vindeiro sábado 30, na área recreativa de Castro de Rei, o festival De Volta a Ítaca, co que prevé recadar fondos para apoiar o proxecto de creación da Casa da Xente na casa natal do poeta Xosé María Díaz Castro, nos Vilares (Guitiriz). 

A elección do nome desta xuntanza foi elixido precisamente por 'Penélope', a composición máis coñecida do escritor do Vilariño, en referencia á muller de Ulises, que agardaba a volta do seu home a Ítaca, tal e como explicaba onte na presentación do evento o deseñador do cartel, Xosé Manuel Seixas, da Chave das Noces de Castroverde.

Incidindo na idea da viaxe, Ismael García avanzou que ese día se organizan dous roteiros, para os que será preciso apuntarse previamente, con saída ás 12.00 horas dende Muimenta e Ponte de Outeiro e dende Viladonga, para aqueles que queiran chegar a pé ata o lugar do festival. 

Á composición de Homero tamén se refiriu o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, ao calificar como "odisea" o proxecto de rehabilitación da casa de Díaz Castro, que permanece "destartalada, caendo" á espera de que se complete o papeleo para poder iniciar a obra máis urxente, colocar unha nova cuberta.

"Somos soñadores e cremos que convén que non caia ningunha casa máis", asegurou Blanco, ao tempo que apuntou sobre o proxecto da Casa da Xente que "non se trata de crear un museo, senón un espazo aberto á veciñanza e aos colectivos, que poida ser sede de asociacións".

O coordinador de Xermolos destacou a importancia do festival, por tratarse dunha unión de esforzos que "axuda a estreitar vencellos", e o marco no que se celebrará, unha "paisaxe fermosísima" que está ao pé do Azúmara.

As FeAs agradeceu o apoio do Concello de Castro de Rei, cuxo alcalde, Francisco Balado, acompañou os representantes na presentación, salientando outra curiosidade, xa que o festival se fará ao carón da casa doutro recoñecido escritor, Francisco de Fientosa.

As FeAs promove De Volta a Ítaca para apoiar a futura Casa da Xente
Comentarios