Que teñen preparado para o 20 aniversario?
Temos un sorteo de 2.000 euros en metálico con dous premios de 500, dous de 300 e dous de 200 euros. Farémolo en directo ata que aparezan os gañadores na explanada que hai diante da Pizzbur o venres 5 de xullo. Para o sábado 6 haberá unha concentración de coches clásicos americanos e posiblemente tamén haberá motos custom, ademais de actuacións musicais.
Pensaba que ían chegar tan lonxe cando abriron o primeiro local?
Daquela o traballo era diferente, traballabamos nós na cociña e non pensabamos en chegar a montar máis locais, eso foi xurdindo pouco a pouco.
Cal é a receita do éxito?
Penso que é innovar, estar continuamente metendo cousas novas na carta, facendo cousas diferentes. Intentar estar á última no que vai xurdindo no mercado, por exemplo agora estase poñendo de moda nas capitais as hamburguesas gourmet e cando vimos que a tendencia funcionaba aplícámola aquí cos nosos produtos.