«Faremos este obradoiro de imaxe no hotelO Cabazo»

MAR0403P15F1.JPG
photo_camera MAR0403P15F1.JPG

En que consiste o curso para o que aínda quedan seis prazas dispoñibles e que vai organizar o vindeiro día 24?
Consiste basicamente en coñecer, nunha formación orientada á iniciación, tódas e cada unha das ferramentas dos programas de edición de vídeos e de libros electrónicos, aínda que principalmente os de tratamento de imaxe, coma Corel Draw, Flash8 e o máis coñecido, o Photoshop. Os alumnos vanos coñecer a través de exercicios prácticos sobre a viraxe da cor, edición gráfica, etcétera.

Polo momento, canta xente se apuntou ó obradoiro?
Só quedan seis prazas dispoñibles. tendo en conta ademais que no hotel O Cabazo hai un aforo limitado. Por iso recomendo que os que queiran acodir, pasen a anotarse, ben no noso estudo de Foto Legaspi, ubicado no número 15 da Avenida de Galicia, ou ben chamando o teléfono 982.12.97.34.

Canto custa a formación e quen a imparte?
Seremos dous poñentes e o importe da formación é de 100 euros, que inclúen material de traballo, cafés, menú e o diploma personalizado. Xa fixeramos outro curso destas mesmas características en 2010.

Comentarios