Familia unida ao redor do San Benito

A pequena parroquia begontesa de Baldomar, que se ergue ao carón da Nacional VI, conta con 61 veciños censados, que destacan da gran unión que hai entre eles

Se hai algo polo que se coñece Baldomar fóra das súas fronteiras ese é San Benito de Palermo, o primeiro santo negro, ao que se lle dedica o santuario desta parroquia begontesa, escenario dunha secular romaría que se segue a celebrar en setembro, conxuntamente coa Peregrina, aínda que lonxe das multitudes de anos atrás.

"Era unha gran romaría, había xente que xa acudía a véspera" detalla o párroco Jesús Domínguez, ao tempo que Manuel Castro Gay, o cura que lle axuda, lembra que "había un templete, que desapareceu coa ampliación da N-VI, onde se celebraba a misa das doce, que era cando se bendecían as vacas".

Comentarios