jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Tamara Luna: ''´La familia se integra en el equipo para hacer el día a día mejor''

Tamara Luna, na residencia de Bretoña (Foto: Marta Mancebo)
Tamara Luna, na residencia de Bretoña (Foto: Marta Mancebo)

A directora da residencia de maiores da Pastoriza, Tamara Luna, leva dous anos ao frente dun centro dependente da fundación San Rosendo no que a familiaridade, a proximidade e o trato individualizado son os seus sinais de identidade.

un grande equipo humano traballa dende hai doce anos na residencia de maiores da Pastoriza, ubicada na parroquia de Bretoña. O persoal, dirixido dende hai dous pola meirega Tamara Luna, intenta co seu labor crear un ambiente familiar, próximo e distendido entre os internos, os propios empregados e as familias. O centro dispón ademais dunha atención social e sanitaria individualizada que permite chegar ao obxectivo final: que os maiores se sintan tan a gusto como na súa propia casa.

Cando se inaugurou a residencia?

Comenzou a funcionar polo 18 de decembro de 2001.

Con que instalacións conta?

Este centro, dependente da fundación San Rosendo, conta con habitacións con baño, apartamentos dobres e independentes, salas de terapia e animación, ximnasio de rehabilitación, cafetería, lavandaría, cociña e unha sala de visitas. Ademais, todo o mobiliario é específico e está adaptado ás necesidades dos internos. Dende os pasillos, os sofás ou as camas, todo na procura da máxima comodidade.

DE PRETO
«Sempre quixen dedicarme a isto, era o meu soño de nena»

Que foi o que a fixo decantarse por esta profesión?

Foi unha ilusión dende nena. Sempre me quixen dedicar a isto. Pese a iso, anteriormente estudei tamén administración e comercio. 

Consiga AQUÍ la información completa

Tamara Luna: ''´La familia se integra en el equipo para hacer el...
Comentarios