Falar en galego pode molestar os clientes

SUPOÑO que enteradas entidades como Galicia Bilingüe xa están redactando a queixa contra o hotel da Toxa que prohibe aos empregados falar en galego, como así consta nas normas de cortesía do departamento de recepción. Deben de entender os xestores que tomaron a decisión que utilizar o idioma propio no que se asenta o establecemento hostaleiro é un descrédito que os pode privar de clientes; porque, claro, os que habitualmente se expresan en galego non teñen capacidade suficiente para permitirse unha estancia aquí, ou a saber que pensarán os que veñen doutras partes de España e oen un idioma estraño, igual entenden que están hospedados nun niñeiro de provocadores que van facer o posible para que non os entendan. O raro é que manteña o nome de Louxo, coa sonoridade galega que ten, porque se na súa web di que está en La Toja ben pode poñer que se chama Lojo.

Comentarios