"Facemos compatibles para o seu uso os datos do UAVs, sensores ou satélites"

Pedro Arias Sánchez, fundador e un dos tres sociosactuais de ingeniería Insitu.EP
photo_camera Pedro Arias Sánchez, fundador e un dos tres sociosactuais de ingeniería Insitu.EP

Pedro Arias é o fundador e un dos tres sociais actuais de Ingeniería Insitu, unha empresa que acomete varios proxectos no polo tenolóxico de Rozas. Dentro das iniciativas incluídas no Programa de I+D, Insitu traballa como subcontrata de Indra "co fin de facer ferramentas para o alma-cenaxe da información recollida a través dos UAVs (avións non tripulados) e con diferentes sistemas como sensores e satélites", sinala Arias. A función de Insitu é tratar estes datos, de distinta procedencia, "para homoxeneizala e poñela en formatos compatibles para que facilitar o seu manexo", engade este enxeñeiro agrónomo.

Insitu tamén participa no Programa de Solucións. A firma forma parte de unha UTE que traballa no proxecto de xestión de datos xeorreferenciados que será utilizado no futuro polo Instituto de Estudos do Territorio (IET), dependente da Consellería de Medio Ambiente. Este organismo dedícase a recopilar información xeográfica e cartografía do conxunto do territorio galego. "A nosa finalidade é desenvolver unha plataforma que permita almacenar datos obtidos con tecnoloxías punteiras para que os poidan usar tanto o IET como os distintos servizos administrativos da Xunta. É posible que no futuro parte desa documentación esté a disposición da cidadanía", concreta Pedro Arias.

Insitu ten tamén unha pequena participación na UTE encargada da xestión de terras afectadas pola PAC (Política Agraria Común". Neste caso, o labor da empresa consiste no deseño de equipos óptimos "para cumprir con diferentes requisitos, como poden ser a inspección do territorio ou ben as inspeccións temporais", subliña Arias.

Comentarios