''Extrañaríame moito que Urdangarín fora ao cárcere''

Este mozo viveirés, que califica a ría de Viveiro como a «máis bonita de Galicia» vista dende o monte San Roque, desexa que o seu Dépor volva a Primeira, aínda que valora a aposta do equipo pola canteira.

A FACILIDADE de palabra coa que conta Bernardo Fraga é inestimable. O mozo viveirés é novo na política, pero xa tivo que pasar por distintas situacións que lle deron experiencia para sobrevivir neste mundo.

Pensaba vostede que podería vivir do remo ou do fútbol cando xogaba de novo?

De remeiro profesional non. Do fútbol, todos os nenos teñen ese sono, pero chega un momento no que te das conta de que non pode ser.

Como se ve ao Dépor na Segunda División?

Con moita desilusión polo descenso, pero tamén animado por un proxecto basado na canteira que me parece motivante e ilusionante. O que quero é ver de novo ao Dépor na Primeira.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios