Excesos lexislativos

É NECESARIO fixar con exactitude e precisión o significado de ofensivo para saber o que denigra a unha comunidade ou o conxunto delas, para evitar sustos coa aplicación da nova lei de seguridade cidadá. Porque se por exemplo Rosa Díez volve repetir, para insultar, que un é galego no peor sentido da palabra o presidente da Xunta podería denunciala por unha falta grave contra Galicia. E se dentro da mesma normativa se contemplan multas por amosar fotos de terroristas, isto sería extensible a outros delincuentes; entón deste xeito tampouco se podería saír á rúa con carteis de, por exemplo, Carlos Fabra ou Jaume Matas, porque foron condenados, e facer ostentación de apoio a estes políticos debería levar aparellado o mesmo castigo que a outros infractores. Son os problemas que poden representar leis contempladas para castigar a uns e logo resulta desmedido para outros. Sentidiño.

Comentarios