Evaristo Méndez Vila: ''O futuro do Courel está en que sexa parque natural''

É un home máis que enraizado na serra do Courel. Dende neno trata de dala a coñecer ao mundo, o que logrou en boa parte xunto co resto da asoaciación que preside, unha agrupación emblemática na que o esforzo colectivo fai que os proxectos sempre se materialicen.

os pobos ou comarcas de importancia natural teñen moito calado no exterior. Son referentes pola súa riqueza, pero tamén grazas ás costumes e tradicións. Sen lugar a debate, no Courel hai xente que está empeñada en que polo menos esa memoria inmaterial non se perda e sirva precisamente para encarar un futuro máis alentador no que os pobos non continúen á baixa. Unha destas persoas é Evaristo Méndez Vila (Froxán, 1961), que preside a asociación Fonte do Milagro dende que se fundou, alá polo ano 1998, aínda que os trámites formais non se deron por rematados ata un ano despois. Evaristo, despois de tantos anos á fronte do colectivo, pensa que aínda ten moito futuro, como a serra, sobre a que considera que canto antes debe ser declarada como parque natural.

Cando e cal foi o motivo principal para fundar a asociación?

 No ano 1998, un grupo de xente da zona, máis outra que vén frecuentemente polo Courel, decidimos que había que facer algo para intentar darlle un impulso á serra, pero sobre todo preocupábanos que se perderan moitas das tradicións e costumes, como os antigos oficios. Tiñamos claro que non podía pasar máis tempo e deixar que a nosa identidade de sempre quedara no esquecemento porque de non actuar nese senso podería perderse para sempre dado que a xente que estaba en condicións de transmitila avanzaba en idade. 

Canta xente formaba ese grupo fundador e canta hai hoxe?

Eramos unhas 15 persoas, pero logo de comenzar a dar a coñecer o proxecto tivemos unha gran acollida da xente do Courel e curiosamente de moitísima de fóra. Moitas destas persoas incluso hoxe teñen casa no Courel e outras acuden asiduamente. Na actualidade, aínda que houbo moitas baixas, como sucede en todas as agrupacións co paso do tempo, e máis agora coa crise, a asociación ten máis de 200 socios.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios