Evacuado ao hospital un mozo de Monterroso tras rexistrarse un incendio na súa vivenda

Os feitos ocorreron sobre as tres e media da tarde nunha vivenda unifamiliar da Praza Rojo Losada

Un mozo de Monterroso foi evacuado onte ao hospital lucense Lucus Augusti tras ser rescatado da súa vivenda, na que se rexistrou un incendio.

Os feitos ocorreron sobre as tres e media da tarde nunha vivenda unifamiliar da Praza Rojo Losada. O 112 recibiu aviso do incendio e mobilizou efectivos do GES de Monterroso, bombeiros de Chantada e 061.

Os efectivos do GES de Monterroso foron os primeiros en chegar, entraron na vivenda con equipos de respiración autónoma e evacuaron o home, que se encontraba consciente no interior do inmoble. Nese momento estaba só, aínda que reside coa súa muller e a súa filla.

O lume comezou nun dormitorio e afectou a un colchón e a algunha roupa, pero, grazas á rápida intervención dos efectivos de emerxencias, foi extinguido sen provocar danos graves.

Comentarios