EuroVerdades

En esta ocasión vou deixar de lado a política e voume centrar en decir catro cousas sobre o euro. Ainda que se trata de economía, que para moitos é imcomprensible, o tema creo que é importante polo que está pasando agora mesmo en Grecia, onde o pais está preto da bancarrota.

Cando visito Galicia a maioría dos meus amigos teñen unha visión negativa do euro. Dicen que todo se volveu máis caro. Que era moito mellor antes cando un bocadillo de xamón costaba 200 pesetas. O banco central español e o europeo dicen que non, que a inflación nunca estivo tan baixa en España como nos últimos 10 anos. ¿Como se come isto entón?

Pois as dúas versións teñen a súa parte de verdade. A comida está moito máis cara hoxe que antes, pero os electrodomésticos, a maquinaria e os coches estranxeiros están máis baratos. Iso é o que che da unha moeda forte. Podes comprar máis barato no estranxeiro, pero tamén tes que pagar máis pola man de obra e os productos locais.

O problema é que unha moeda forte pode ser unha trampa. Se se xestiona mal, pode levar a un pais a comprar todo de fora e non producir nada en casa. Así están agora os gregos e os españois, incluidos moitos galegos. Teñen as casas cheas de boas televisións e bos coches, pero están endebedados hasta o pescozo e, por enriba, no paro.

Cal é a solución que che da o euro. Pois como non se pode devaluar a peseta como se facía antes para reducir a débeda. Agora só queda unha de dúas. Ou sairse do euro e olvidarse de alta tecnoloxía alemana e xaponesa por un tempo, ou apertarse o cinto e traballar máis por menos euros ata reducir considerablemente a débeda acumulada. 

Comentarios