Paseabas pola vida acumulando vivencias, proxectos de futuro, regalando sonrisas e derrochando bondade e alegría ao teu arredor cando de súpeto, así sen máis, chegou o día de participar nesa última etapa da carreira da túa vida, para a que nunca se está preparado. Unha conta atrás chea de duras probas, desánimos e moito sufrimento.
Preguntándote por que? e para que?, se merece a pena todo isto para arañarlle á vida unos momentos máis.
Pero bótaslle valor, e sen tirar a toalla, facendo un esforzo máis, remontas e segues na carreira.
Os que te queremos, alí estamos dándoche ánimo e alento para chegar á meta e conseguir ese podio. Ser un campión máis sen medalla, tan só coa recompensa merecida de poder chegar ao final e descansar.
E nós todos xuntos de volta á casa, rotos e sen ti, gardaremos na vitrina do noso corazón o trofeo máis prezado que é o recordo do teu sorriso. Para nós eres e serás un campión.