''Yo quería ser otro rupestre, un continuador de los rupestres''

Aprendices de pinceis // ILUSTRACIÓN: ViniciusAprendices de pinceis

Saturno Lois é unha desas persoas que, polo feito de residir nunha cidade, impregnan a súa atmósfera de dignidade.

Lorenzo Varela / Lugo

Yo pinto con brumas. No pinto las brumas. No me gusta pintar. Como no me agrada en absoluto hacer nada.

Tino Grandío / Lousada / Guntín

O que si recordo, e o teño moi gravado, é a primeira vez que dibuxei un cabalo. A pobriña de Doña Amalia estaba encamada; tiña unha canabeira larga que non usaba, e moitas veces quedábase durmida; eu aproveitaba a darlle a volta a pizarra e debuxaba un cabalo, pero non me saían as patas traseiras; veña a borrar e a dibuxar, borrar e dibuxar, pero non había maneira. Entón, pedinlle a Doña Amalia para saír a facer unha necesidade, eu sabía que diante da casa de Chaparrita sempre había algún cabalo atado; baixei, saín a fóra e alí estaba un cabalo atado á parede. Quedeime mirando para el non sei canto tempo, e de repente larguei correndo para non esquencerme, collín o pizarrillo e rematei o cabalo, as patas traseiras quedaron perfectas, estaba satisfeito. Aquel foi o meu primeiro cabalo.

Xosé Vizoso / Mondoñedo

Cando empecei facíao, como debe ser, estudando os clásicos, debuxando moito e empregando cores naturais, pouco a pouco. Tiven contacto coa pintura de vangarda polo 54. Foi unha experiencia curta, de tres ou catro anos, na que facía as cousas contrarias a todos. Logo iniciei unha época autenticamente persoal, de formas redondas realizadas en roxo e azul que tivo moito éxito en Madrid, onde se chegou a afirmar que a miña pintura non era galega. Estaban afeitos aos grises, dominantes nos pintores galegos. Moito se ten fabulado da Galicia borrallenta. Están nun erro os que conciben a nosa Terra como un país medieval e chorimiqueiro. Eu digo: convivín co noso pobo e podo asegurar que en Galicia hai alegría, hai beleza, síntese e engado de vivir. As cores da miña obra non deixan de ser galegas e eu son tan galego coma o que máis.

Xesús Blas Lourés / Lugo

No ano 1924 a revista Ronsel abriulle novos camiños á nosa cultura. O pintor Corredoira foi o precursor da moderna pintura galega, mentres Castro-Gil levou ao gravado as formas retortas, expresivas e suxestivas do noso barroco. Gustavo Freire continuou a obra de Montes, inspirándose na música popular. Luís Pimentel, a voz máis sutil e delicada da poesía luguesa, encheu de emoción, de finura, de maxia e de asombro a lírica galega. E Ánxel Fole: un dos nosos máis importantes prosistas de todos os tempos.

Manuel María / Lugo

Dediqueime a facer escultura, vocación que quizais teña a orixe na perruquería de meu pai, onde había catro desagradables cabezas en madeira cos globos oculares sen meniña. Que fai que me consideren un dos escultores máis válidos de Galicia, que me comparen con Henry Moore ou que vexan nas miñas creacións influenzas de Alberto e de Giacometti, aos que non coñecín? O que verdadeiramente anceia calquera artista é a comunicación co público.

Luis Ferreiro Peinó / Lugo

Eu sempre tiven claro que era moi bo para pintar, para debuxar, escribir. Tiña habilidades para iso todo e o meu soño e a historia que eu mesmo me creaba era a de ser unha estrela do mundo da arte, aínda que houbo unha tempada na que tamén quería ser unha estrela do mundo rock, ou soñaba con iso, vamos. Despois canalicei eses soños polo mundo da pintura e tamén me fun dando conta de que estrelas hai poucas, volvín, recuperei a modestia e apostei por algo máis doméstico.

Juan José López Martínez, Lomarti / Chantada

A pintar comecei de moi neno, collía a pizarra e ía á taberna e pintaba as caras de todos os que había alí. Despois pintaba as caras dos alumnos e hai uns anos apostei pola pintura ao óleo, fixen algunhas exposicións e hoxe sigo pintando. E en canto á literatura, sempre me gustou escribir e no ano 1978 un grupo de amigos fundamos A Bisbarra, unha revista que agrupaba a varios concellos de Ourense. Tamén naquelas épocas escribía teatro para nenos en galego.

Isauro González Pereira / Monforte

Cando era pequeno, a mestra levou ao colexio un estuche de pinturas. Ao mellor, se trouxera unha frauta, hoxe sería frautista, pero trouxo aquelas pinturas que marcaron o inicio da miña carreira artística, porque dende aquela non deixei de pintar.

Modesto Trigo / Gundivós / Sober

Maruja Mallo nunca reconocía que era gallega, ni de Lugo ni de Viveiro. Si alguien alguna vez metía la pulla, aunque fuese sin mala intención, ella reaccionaba diciendo que «soy celta y del mundo»; como mucho, hablaba de Vigo y de Corcubión. Había llegado a Madrid para ser artista y no quería que la mirasen como una chica que llegaba de provincias para triunfar. La imagen que hay de la pintura gallega en aquel momento es el paisajismo más conservador, como Soutomayor o Seijo Rubio, y ella quería evitar que la identificasen con eso; por eso no quiere decir que es de Viveiro, no quiere que sepan que viene de un pueblecito del Norte, porque no quiero que me digan que ahí viene la tía de la peineta.

José Vázquez Cereijo / Lugo

Mi padre era médico y en casa se recibía muchísima publicidad de medicamentos con esas imágenes de biología, de microscopio. A mí me impactó mucho la idea de que lo microscópico y lo macroscópico se parecen mucho. La idea de que nosotros vivimos en la intersección entre esos dos mundos me sedujo mucho y la integré en mi trabajo desde muy al principio.

Antonio Murado / Lugo

En la Sala de Exposiciones del Ayuntamiento tuvo lugar la de Pintoras Lucenses en honor de Pilar Primo de Rivera. Choncha Bonet Correa desarrolló el papel de lo que hoy llamamos comisario. Los Correa Calderón demostraron mucho interés por las artes. Su hermano Antonio Bonet Correa acaba de ser nombrado a principios de este año presidente de la Real Academia de las Artes, si bien lleva largo tiempo ejerciendo la crítica de distintas exposiciones en la prensa.

Carlos Méndez / Lugo

Eu desfacía os ladrillos a po, e cun pouco de aceite da cociña sacaba pintura. Miña nai acababa tola comigo, porque viñan de pintar o chalé e eu comecei a pintar todas as paredes co aquela mistura. Sempre me chamaron a atención os artistas rupestres e eu quería ser outro rupestre, un continuador dos rupestres. Sempre hai xente que che di: Tes que evolucionar. Tes que ser máis fino. Iso é unha mariconada. O que ten verdadeiro valor é ser rupestre, esa cousa agreste, e sempre quixen manter isto. E dinche: Pero así che pagan pouco, mira Dalí. E a min iso caíame moi mal.

Alfredo Labajjo Grandío / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios