Antón Valcarce: ''Yo no soy escritor de profesión por lo que es un trabajo que me gusta, pero resulta complicado''

Antón Valcarce (Foto: Toño Parga)
photo_camera Antón Valcarce (Foto: Toño Parga)

É unha das referencias na cultura monfortina, especialmente no mundo da música, pero agora deu un paso máis e, co apoio duns amigos, Antón Valcarce sacou un libro de relatos titulado ‘O que non che contaron de Monforte’, que inclúe catro curiosas lendas que teñen a cidade do Cabe como escenario.

COÑECIDO pola súa faceta de cantautor, Antón Valcarce (Monforte de Lemos, 1952) leva toda a vida escribindo como pasatempo. Agora, e pola insistencia de varios amigos, animouse a sacar adiante un libro de relatos, que se presentou a última hora do xoves na librería Agrasar da cidade do Cabe.

Que atopa o lector na obra ‘O que non che contaron de Monforte’?

Son catro relatos con base na tradición oral para ler nunha sesta. Algo sinxelo. Inclúe as pezas ‘Os milagreiros ovos de San Lázaro’, ‘A pantasma de Ramberde’, ‘Estraperlo a vapor’ e ‘A honra do lobo’.

Canto teñen os contos de tradición e canto da propia colleita de Antón Valcarce?

Depende un pouco de cada relato. Hai algúns que son moi fieis a algunha lenda da zona e outros menos. Por exemplo, no caso de ‘Os milagreiros ovos de San Lázaro’, todos sabemos que no barrio de Carude é típico polo San Lázaro tomar ovos cocidos con pimentón, pero ninguén sabe de onde vén ese costume. Entón, eu aproveito para formular a miña propia historia sobre a orixe desa tradición e planteo unha hipótese na que ten moito que ver a Igrexa.

Comentarios