Ética distraída

REXENERACIÓN política, din fachendosos os partidos para defender algúns, mínimos, cambios no funcionamento institucional. Pero as palabras son insuficientes, porque o que transcende principalmente é que seguen defendendo aos seus corruptos ou apelan a outro modelo electoral co único fin de manterse no poder. Palabrería, que non é o que precisa este país, senón variantes que realmente renoven os modelos corruptos, pero é difícil que se plasmen porque os partidos son o reflexo da sociedade, esa que agora os critica sen moito convencemento. Porque as censuras chegan ás veces de quen ten os petos cheos de diñeiro negro, ou quen se coa nunha lista de espera para operarse antes do que lle corresponda, ou quen pide que se infle unha factura para desgravar. Se entramos en detalles, encheriamos páxinas e páxinas. Temos a ética excesivamente distraída pero só miramos na dos demais.

Comentarios