''Al estreno de la obra vino gente de varios sitios de la comarca y de Lugo''

Francisco Piñeiro, director da obra de teatro ‘A fonte dos soños’, que acaba de estrear o grupo O Bordelo, de Cervo

Cal é o argumento da súa nova peza?

Coma todas as miñas, trátase dunha obra enraizada na situación actual. Quixen cargala da esperanza que temos todos para este ano e alonxar os malos presaxios do 2013. O eixo central é a defensa da muller, a ver si neste ano se acaba dunha vez co maltrato, e falando ó tempo de toda a situación actual. Penso que resultou interesante.

Como foi a resposta do público na estrea?

Respondeu moi ben, ademais chamoume moito a atención que había xente doutros puntos da comarca, coma Viveiro ou Mondoñedo, e incluso de Lugo.

Satisfeito logo.

Si, sobre todo porque hai só quince días que rematei de escribila e tivemos que ensaiar de maneira intensiva agora ó final.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios