Estreno con matrícula de honor

Alumnos dos ciclos de Xestión Forestal e de Paisaxismo, nos invernadoiros do instituto (Foto: M.Roca)
photo_camera Alumnos dos ciclos de Xestión Forestal e de Paisaxismo, nos invernadoiros do instituto (Foto: M.Roca)

Os constantes cambios nos plans de educación van repercutindo pouco a pouco nos centros educativos, unhas veces con máis acerto que outras. O caso do IES da Terra Chá de Castro de Ribeiras de Lea semella ser un dos casos exitosos, xa que iniciou neste curso dos ciclos formativos superiores novos nos que a oferta de prazas se completou sen ningún problema.

Ao abeiro da Loe, o instituto chairego empezou a impartir clases dos ciclos Xestión Forestal e Medio Natural e Paisaxismo e Medio Rural, que teñen cubertas as súas respectivas 22 prazas, ocupadas por alumnos non só de Castro de Rei ou outros concellos da Chaira, senón tamén das Pontes, Ferrol, Ribeira Sacra, Becerreá ou Ourense, entre outros.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios