Estratexia para convencer

Dentro da lista de dez estratexias de manipulación mediática que elaborou o lingüista Noam Chomsky unha delas é a de diferir, isto é, aplicar unha medida impopular tras presentala como dolorosa pero imprescindible, e conseguir así que a cidadanía a acepte de bo grao porque non existen alternativas. Esta filosofía coñécena e utílizana todos os partidos políticos, uns con máis acerto que outros, e tamén dependendo do momento. Así foi como o comunicou, con escaso éxito, o PSOE cando pouco antes de deixar o Goberno conxelou as pensións e reduciu o soldo dos funcionarios, e igualmente recorreu a esta mesma filosofía o PP no seu camiño de grandes recortes, aínda que aquí ou tivo máis habilidade ca os anteriores xestores para convencer ou atopou un país desolado sen ánimo nin sequera para a contestación. E grazas a iso a ideoloxía neoliberal segue avanzando.

Comentarios