jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Estraños afeccionados no Mundial

ACABOUSE o Mundial para España, un campionato estraño e non polos resultados, senón polas simpatías que nos afeccionados despertaban distintas seleccións segundo as querenzas do seu club na Liga española. Resultou curioso comprobar como madridistas acérrimos, dos que cando perde o seu equipo non poden aceptar que haxa outro mellor senón que intúen unha confabulación planetaria, alegrándose pola eliminación de España ao tempo que desexaban que fose Portugal o campión, por Ronaldo; e barcelonistas defensores da independencia de Cataluña apoiando a España por extensión do seu modelo futbolístico. E senón, que gañen Brasil, por Neymar; ou Arxentina, por Messi. É que o fútbol ten estes contrasentidos, porque con el afloran sentimentos, incluídos os políticos, que se agachan tras unhas cores, porque algunhas veces unha camiseta é como se fose unha bandeira.

Estraños afeccionados no Mundial
Comentarios