''Este año haremos una pancetada junto con la hoguera''

Trinidad Santos (Foto: AMA)
photo_camera Trinidad Santos (Foto: AMA)

Trinidad Santos, presidenta da asociación cultural Saíñas de Xove, que organiza a terceira cacharela de San Xoán

Xa van pola terceira edición, pero como xurdiu a idea de facer a cacharela?

Empezamos porque se estaba perdendo a tradición do que se facía antes, cando os veciños se xuntaban arredor da lumeirada. Fixémola por xuntarnos.

Teñen algunha novidade?

Este ano imos un pouco máis alá e prepararemos unha pancetada con chourizo, panceta, pan e bebida, que se poderá tomar a cinco euros. A cea de mañá será a partires das 21.00 horas. Facémolo porque o ano pasado nos dixeron por qué non a preparabamos nós, despois de poñer unhas brasas para os que quixesen asar alí.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios