''Estamos fartos dos roubos''

o teléfono en Laiosa é "xordo e mudo". Ás veces só serve "para mirar para el", denuncian os veciños desta parroquia do Incio, "fartos" xa dos continuos roubos de cable de cobre que os deixan sen conexión durante días. A súa paciencia chegou a un límite despois de dous anos padecendo este problema, tempo durante o cal quedaron sen servizo ata en 14 ocasións, consecuencia doutros tantos furtos no cableado. "É un panorama desolador. Actúan con impunidade total e nós estamos desprotexidos", critican.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios