Estabilidade ou dentes de serra de fondos sucos

CERTO que as enquisas non son votacións, pero reflicten o sentir xeral dun país, e a última coñecida incide no panorama pesimista dun lustro e transcende un nítido avance na desafección política, algo que favorece as alternativas e ataca as bases do bipartidismo. Descende de xeito considerable a estimación das dúas principais formacións políticas e por contra increméntanse os potenciais apoios aos da segunda liña. Nunca xuntos o terceiro e o cuarto partido sumaron tanto, pois rondarían o 29 por cento. É normal que cando algo non funciona se recorra a outras opcións. Emerxen así en moitos casos por demérito dos que ocupan os primeiros chanzos do escalafón, o que leva aparellado que cando a situación mellora se volva a posicións tradicionais, formando uns dentes de serra recoñecibles en calquera gráfica. Agora están arriba; o tempo dirá se volven abaixo ou se estabilizan.

Comentarios