''Esperó un par de fiestas para venirme a hablar''

Fin do noivado
Fin do noivado

Ela tivera outro rapaz tres ou catro anos ou así. Un día, polo tempo de segar o pan, fomos a unha festa e pasamos por un sitio onde estaba a traballar unha cuadrilla e tamén estaba ela. Eu díxenlles: «Non vides á festa?» «Si, a ver se rematamos antes este traballo», dixeron eles. Logo viñeron e eu, que xa me fixara nela, saqueina a bailar.

Manuel Dopazo Gil / Lugo

Las pandillas paseábamos por la calle de la Reina, calle arriba, calle abajo, para ver a las chicas y ligar lo que se podía. Mi primer amor se llamaba Marina; la vi en un palco del Círculo de las Artes, la invité a bailar y me enamoré. Pero sus padres tenían mucho dinero y como yo era pobre, le reñían por salir conmigo. Un día, después de muchos años, la vi con su madre paseando por Lugo; se había casado y le había salido mal. La gente no se da cuenta, pero cuando hay química y amor, hay que cuidarlo.

Moncho Neira / Pol

Chicos y chicas teníamos muy bien determinado cuál era nuestro sector. También la lucha de clases, que en aquel momento estaba muy marcada, nos obligaba a saber muy bien nuestro lugar, pero todos éramos muy conscientes. Veías chicas preciosas, pero por el hecho de ser la hija de un dentista, de un arquitecto o de un industrial, para mí ya estaba cerrado el paso. Estaba vedado porque yo pertenecía a una clase sumamente humilde y ya de antemano sabía que iba a ser rechazado, porque estaba todo muy reglado, por decirlo así. Pero en el paseo de doce era bastante osado. Era un transgresor de la regla. No marcaba mucho para mí.

José Guerrero / Lugo

Las chicas estábamos en las terrazas de la Plaza de España y los chicos se sentaban en las sillas que alquilaba aquel señor que se ponían a lo largo de los jardines. Nos miraban para ver si enseñábamos un poco las piernas.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Las fiestas patronales del entorno, eso era un tema aparte pero lleno de ansiedad por ligar, y sobre todo tener anécdotas más o menos interesantes que comentar en el transcurso de las reuniones posteriores. Desde luego, las más, inventadas o adornadas como podíamos. Eran tiempos difíciles para eso del juego amoroso.

Ramón Cancio Ginzo /A Pontenova

Recordo o paseo pola rúa da Raíña e mais polo Cantón. O que faciamos era pasear arriba e abaixo, aínda que daquela xa existían outros métodos de achegármonos. Había partidos de fútbol e baloncesto, e aí, entre o público, sempre tiñamos ocasións. Iamos ao campo da OJE para xogar ao baloncesto e tamén aos Maristas. Iso daba motivo para achegamentos.

Manuel Romay López / Lugo

Cursando 5º, a nosa aula de estudo daba a Ánxel López Pérez e ao campo do Seminario. Eu procurei sentar de costas a unha xanela. Coloquei todos os libros na parte dianteira do pupitre facendo unha especie de muralla e fíxeme cun espello. De tres e media a catro e media tiñamos estudo e eu colocaba o espello por diante dos libros enfocando á rúa, facendo de retrovisor, de tal xeito que vía pasar as rapazas que ían ao instituto. Un día debía estar tan entretido que chegou o prefecto, don Jaime López, que logo se secularizou, e foise situando por detrás de min sen que eu me decatase, ata que me deu no ombro e me dixo: «Moi entretido estás. Non si?» Daquela mandoume a outro posto na metade do salón onde xa non tiña ángulo para ver a rúa. Quedei sen retrovisor.

José Antonio Labrada Losada / Lugo

En Lugo, había diferentes lugares onde a xente ía ligar e a namorarse; por exemplo, a Rúa da Raíña. Alí, os rapaces paseaban cos rapaces, e as rapazas coas rapazas e, cando dous destes grupos se atopaban, os rapaces botábanlles piropos ás rapazas. Outros lugares eran tamén os bailes das festas, ou nas igrexas e catedrais, onde os rapaces se axeonllaban nun banco ao carón das rapazas.

Clara Núñez Varela / Manuel Rodríguez Freire / Lugo

A nosa vida en conxunto está máis chea de recordos bos que malos. Tamén é verdade que hai que resistir moito e unhas veces tócalle gañar a un e outras veces, ao outro. Manuel xa se fixara en min moito antes de que eu soubese da súa existencia. Un día decidiuse a enviarme cartas pedíndome unha cita. Aconsellada por meus pais, non lle fixen ningún caso ás súas cartas de amor, ata que un día nos atopámonos nun baile, el presentouse e sentín como un tremor. Pediume matrimonio en varias ocasións, pero eu o rexeitaba e a presión fixo que rompéramos. Eu non tiña ningunha ansia en casar e cheguei a presentarme nunha festa con outro. Pero Manuel nunca baixou a gardia, así que non tardamos en retomar a relación, que esta vez rematou en matrimonio.

María Olimpia Rivas / Manuel Cabo / Vilaoudriz / A Pontenova

Eramos veciños e amigos durante moito tempo porque el levaba cinco anos falándolle a unha veciña. Despois, deixouna por min.

María Iglesia / A Pastoriza

Eu tiña quince anos e el tiña dezaseis. José faláballe á miña prima e eu chamáballe primo. Un día díxome: «Podemos ser máis que primos se ti queres». Deixou á miña parente pero esperou un par de festas para virme falar para non deixar ver que a deixaba por min. E dende entón ata hoxe; nunca nos enfadamos. Eu nunca outro mozo tiven e coido que el tampouco.

Eufemia Goios / A Regueira / A Pastoriza

Cando Antón (Beiras García) comezou a se namorar de min, eu era cubana/galega ás medias, pero a miña cerne galega non traspasaba os lindeiros da parroquia de Muras, sentíame daquelas paisaxes non máis lonxe de Goía, A Gañidoira, Montouto e Bouzoa. E abondábame ben.

Antía Cal Vázquez / Muras

¡A los pocos días de llegar a Lugo ya me habían encandilado unos ojos! Unos ojos que la pintora Julia Minguillón quiso pintar haciendo un retrato a su dueña, lo que no llegó a realizar, cosa que me ha pesado mucho. El encuentro fue en una cafetería. El tiempo lluvioso de Galicia obliga a hacer mucha vida de café, de bares, de casino, de tabernas. En el instituto no éramos más que cuatro catedráticos numerarios y, de ellos, solo uno de mi edad, Luciano Fernández Penedo, catedrático de Matemáticas. Él me llevó a su tertulia de café y él, algún tiempo más tarde, me presentaría a la que, al cabo de un año, sería mi mujer.

Lázaro Montero / Lugo

Es otra historia muy romántica. Yo, cuando hacía buen tiempo, me iba a trabajar al Parque de Rosalía de Castro. Me llevaba allí la labor, me sentaba en un banco al sol y me ponía con mis vainicas y mis festones. Un día de principios de primavera, eran las tres de la tarde más o menos, se me acercó un guardia municipal de los que estaban de servicio en el parque y me dijo: «¿No tienes miedo que te haga daño el sol?» Así empezamos a hablar y de repente él cogió de un árbol un ramito de mimosas y me las regaló. Yo jamás había tenido relaciones con ningún chico y aquello me llegó al alma. Nos hicimos novios enseguida, nos casamos a finales de los 40 y en los 50 tuvimos dos hijos, un chico y una chica. Mientras, yo seguía trabajando porque mi marido tenía un sueldo muy pequeño.

Lolita López Cardama / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios