viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

España, capital Suíza

ESPAÑA deixou de ter capital en Madrid. Agora, segundo circula polas redes sociais de xeito humorístico aínda que con visos de realidade, está en Suíza, en contas opacas, aínda que ten delegacións, como se de embaixadas se tratase, nas Bermudas, nas Caimán, nas Bahamas ou noutras illas varias utilizadas como paraísos fiscais. España, entón, capital Suíza, de diñeiro evadido por quen pode, de cartos que non pagan impostos aquí. As grandes fortunas, as que máis deberían aportar, botan man da enxeñería económica para evitar achegas ou recorren a bancos do medio cento de lugares do mundo nos que se dá todo tipo de facilidades de apertura, garantía de silencio e tributación mínima ou nula. E mentres, o resto de cidadáns españois que aínda teñen a sorte de traballar vense na obriga de salvar as entidades bancarias, privadas ou semipúblicas, mal xestionadas durante lustros.

España, capital Suíza
Comentarios