Agotadas las existencias de cereza en Sobrado

Os colleiteiros chantadinos venderon máis de 500 kilos desta froita producida seguindo os principios da agricultura ecolóxica
Un dos postos da feira de cereixa ecolóxica de Sobrado
photo_camera Un dos postos da feira de cereixa ecolóxica de Sobrado

A comarca chantadina é una das áreas de referencia na produción de cereixa e especialmente daquela que se colleita de xeito ecolóxico. Por iso, onte, ducias de persoas se achegaron ata Sobrado, na parroquia de Líncora, para participar nunha feira adicada en exclusiva a este froito. Os produtores puxeron á venda 500 kilos de cereixas que se esgotaron ao longo da xornada.

O certame cumpriu doce anos de vida e contou co respaldo do Colectivo Cereixeiro de Galicia (Cocega).

Os colleteiros achegaron aos consumidores cereixas das vareidades napoleón e starky, das máis tardías pero caracterizadas polo seu doce sabor. De tódolos xeitos, a froita non foi o único reclamo para os asistentes, a organización aproveitou a data para preparar una cata comentada con diferentes viños da Ribeira Sacra e tamén tivo lugar unha concentración de vehículos antigos, que desfilaron polas estreitas estradas que comunican Líncora con Belesar.

A xornada estivo amenizada polo grupo de música tradicional Alén do río e a organización reseñou que as boas temperaturas animaron ao público a achegarse á feira.

Todo o produto que onte se vendeu en Sobrado está certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Algúns dos colleiteiros sinalaron que nos últimos anos houbo un repunte na demanda de froita ecolóxica, iso fixo que os produtores tamén se animasen a apostar por esta liña.

Ademais da cereixa, na comarca de Chantada tamén se recolle unha gran parte da mazá ecolóxica que se produce en toda Galicia. Esta froita recóllese nos meses de outono e unha alta porcentaxe dela é a que usa o grupo Estrella Galicia para as sidras que comercializa coa marca Maeloc, que se elaboran no polígono industrial de Chantada nas instalacións de Sidrería Galega. O resto vai para Asturias.

Comentarios