''Escribo hai tempo, pero é a primeira vez que concurso''

ADE1912P15F1-1.JPG
photo_camera ADE1912P15F1-1.JPG

Por que decidíu concursar?

A verdade é que é a primeira vez que me presento a un concurso, agás algún que gañei cando estaba no instituto, aínda que escribo cousas para min dende hai anos. O de gañar foi toda unha sorpresa, xa que presenteime porque son de Foz e era un certame local e non perdía nada, senón non me tería animado.

Igual é un alicerce para presentarse a otros certames?

Pois pode ser que agora me anime, pois gústame escribir, ademais e moi distinto ao que fago, pois na actualidade estou estudando terceiro de Medicina.

Sobre que versa o poema?

Titúlase ‘A rapaza de Compostela’ e vai sobre a historia de dous rapaces que non se coñecen de nada, pero que se cruzan todos os días pola rúa e un Día de San Valentín el regálalle unha rosa.

Un premio no que se impuso a medio cento de concursantes e que, ademais da distinción, ten unha recompensa económica. Boa é, non?

Si, o premio é unha noite de hotel e cen euros, que non está mal para estes tempos.

Estará na velada de mañá?

Si, e seguro que teño que decir unhas palabras. Haberá unha actuación musical e unha filmación.

Comentarios