martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

''Era un trabajo muy duro, de sol a sol y malmantenidos''

Todos a unha
Todos a unha

Aló pola segunda quincena de maio cando homes, mozos e mesmo nenos de Alba, Belesar, Boizán, Insua, Ladra..., collen ao lombo o fardel con zocas, roupa, dedís, pedra de afiar, etc. e con máis tristura no corazón que bágoas nos ollos, vanse botando aos camiños cara a un destino que os afastará uns tres meses dos seus fogares. Que o ceo os guíe, Deus os volva con ben, van oíndo nas despedidas ao ir recollendo compañeiros nesta e naquela casa. Atrás quedan por algún tempo «viúvas de vivos...», «nais que non teñen fillos» e «fillos que non teñen pais».

Xosé M Felpeto / Vilalba

Eu fun un dos derradeiros fouciños que fixemos a sega en Castela cando xa estaba a se mecanizar. Co meu tío Cesáreo, que era o ‘mayoral’, fun por primeira vez en 1965 sendo un rapaz de 14 anos. Era un traballo moi duro, de sol a sol e malmantidos. Canta razón tiña Rosalía ao denunciar o mal trato que os casteláns lle daban aos galegos. Con todo, eu era novo e sentíame realizado porque nas cuadrillas ían os máis fortes e, ao remate da seitura, voltabamos á casa cunha boa presada de pesos.

Xosé Luis López Fraga / Vilasuso / Vilares /Guitiriz

Meu pai era de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense, e miña nai tiña parentes cercanos nos arredores de Lugo, en Castroverde e Piugos. Algunha vez fun visitalos e os traballos do campo non me eran alleos.

Benxamín Casal Vila / Lugo

El excedente de mano de obra existente en las aldeas se desplazaba a Lugo y se situaba en el campo de la Mosquera, al pie de la muralla romana. A estos jornaleros se les llamaba alugados (alquilados), y se contrataban en grupos, generalmente por parroquias. El acuerdo era con manutención, y para alojamiento se utilizaban los alpendres de los aperos de labranza e incluso las cuadras de los animales. Al frente de cada cuadrilla colocaban un responsable de su confianza que conseguía el máximo rendimiento de los braceros. De Ombreiro también asistían, y traían de vuelta a la aldea además del salario, las aventuras pasadas y noticias de costumbres de otras tierras.

Manuel Romay López / Ombreiro / Lugo

Recuerdo cuando los mozos de Forcas cavaban en Fulgueirosa y hacer las tolas, como por allí llaman a los terróns y a la broza amontonada a modo de media naranja; que pasaban varios días ardiendo, dos, tres, cuatro o más. Luego, extender la ceniza, sembrar el centeno y al año siguiente segarlo, con los fouciños, hacer los mollos y hacer los medochos o marrotes, para luego cargar en los carros, cuyos ejes debían de ir bien apretados así cantaban mejor, bajando de Brañuelas, do Teso de Forcas, da Fulgueirosa, do Monte de Riva da Casa.

Luis López Pombo / As Nogais

O que máis me gustaban eran os traballos comunitarios. Participei e mantiven eses traballos e aínda os manteño. O último ano fomos limpar o rego do río Pedroso antes de facer a concentración parcelaria. Convoquei eu aos veciños, comprei a carne e preparamos unha churrascada. Fomos os vellos e os novos e limpamos dous quilómetros de rego. Traballei coma un animal. Estiven dous días despois baldado, pero trouxemos a auga polo medio das airas. Amañamos unha aira para mallar con merda. Levei aos meus sobriños máis novos que son sevillanos para coller a merda, tripamos a merda... Aquilo para min foi maravilloso e non che quero contar para os meus sobriños e para a xente que se criou alí e que nunca tal vira. Trouxemos a auga como a traían antes e axudou todo o mundo. E iso aconteceu exactamente hai vintedous anos, despois veu a concentración parcelaria da zona sur.

Afonso Eiré López / Riopedroso / Laxe / Chantada

Despois das verbenas tamén vivín o de cambiarnos de roupa, coller a gadaña e ir gadañar, porque había que ir cando había orballo na herba. Cortábase mellor. Agora é ao revés, porque van sentados a gadañar e hai que agardar que seque a herba porque a gañadadora corta mellor. Ao revés que antes.

José Manuel Pol Herbón / Adai / O Corgo

Cos primeiros días do mes da sega ou de Santiago, chegaban a Lugo as cuadrillas ou greas ou fatos de alugados, coas fouces envoltas en palla e facendo choclear as zocas e galochos polas beirarúas. E como viñan para Lugo, os cativos creiamos que por iso lles chamaban alugados. Mais alugados significa alquilados.

Ánxel Fole / Lugo

Cavabamos o pan. Había que cavar a terra, os campos. Logo había que sacudir os terróns para facer as tolas, unhas montañas de terróns que se facían. Metíaselles un pouco de leña e prendíamos lume e faciamos abono para o pan. Era cando se botaba moito pan, que hoxe xa non. Por alí xa case non se bota nada.

María Vecín López / Veiga de Brañas / Zanfoga / Pedrafita do Cebreiro

Recordo segar cos fouciños. Cando as cuadrillas cambiaban de aira, cando ían dun sitio a outro botaban aturuxos e cantaban.

Manuel Pérez Puente / Pena / Castroverde

Teño recordos moi ledos do verán, cando ía a sega da herba e axudaba a pisala na palleira. Logo, viña o tempo da sega dos cereais, a colocación dos medeiros nas terras de labor e das medas na aira, prestas para a malla. Os xantares e merendas, que se realizaban nos cómbaros ou nas airas ao remataren estas tarefas do estío, eran moi especiais xa que contribuían a reforzar os lazos de vecindade. Nos meus recordos, tamén conservo o modo de facer o pan, a esfolla de millo, os candís de carburo e palmatorias para alumear as diferentes estanzas da casa, a matanza dos cochos, o carreto, o clareo da roupa no regato do Carme, a pesca nos caneiros de Carballido e do Cordal, e, como non, a cantidade de romeiros de a Coruña e Lugo, que viñan ofrecidos, o día da Ascensión, á capela do San Adriano e o San Xiao, sita na campa de Carballido.

José Manuel Blanco Pardo / Begonte

Cando as visitas se facían numerosas, natalicios, festas dos avós, a patronal, ruadas…, e tamén nos labores colectivos, rogas de cavar, gadaña, sega, malla, fía do liño, e por aí adiante, coller diante da lareira facíase complicado, así que, se a banca, ou bancas, non chegaban, e como o par de cadeiras era privilexio, trono!, dos avós, aínda que os meus habitualmente non as ocupaban, non había casa que non dispuxese, gardados na palleira ou no hórreo, duns cantos mesotes, fosen de tres ou de catro patas. Os cativos e mais os solteiros, mesote, por suposto! Canta máis xente, máis calados os rapaces: unha, por obediencia debida, e outra porque…, porque ao lado daqueles experimentados, que iamos dicir!

Xosé María Gómez Vilabella / Castroverde

Esto me transportó a los tiempos en que en casa había animales y todavía se cultivaba la tierra y por las tardes hacíamos las chulas (una especie de buñuelos) para a ir llevarles la merienda a los que estaban trabajando en el campo. Nunca he probado unas chulas tan buenas como las que hacía mi abuela. Mis primas y yo más tarde tomamos el relevo, pero nunca conseguimos igualarlas. Me contaban que en su juventud, cuando debían pasar todo el día fuera en el campo, una de las mujeres de la casa se quedaba para hacer el caldo y después llevárselo, junto con unas tazas de barro, para que comieran, como si de una moderna Telepizza se tratara.

Mónica Castelao / Ribeira de Piquín

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

''Era un trabajo muy duro, de sol a sol y malmantenidos''
Comentarios