''Enviamos cestas con produto local a toda España''

MAR1702P15F1.JPG
photo_camera MAR1702P15F1.JPG

Por que se animou a abrir este tipo de negocio no Valadouro?

Tiña un menor risco de inversión ca nunha zona de Costa e, ademais de ser o meu pobo, apostei pola novidade de concentrar diversos produtos locais, que os mandamos tamén nunha cesta a calquera parte de España e que se pode facer de varios prezos.

Que teñen típico do val?

Embutidos da carnicería Hermelino, Mel do Trobo, verduras ecolóxicas de Edmundo Maseda e máis o pan da panadería Lorenzo. Temos tamén obxectos de dous artesáns, como son o tallista Félix Paz e o zoqueiro Alberto Geada. Con este último deseñamos unha medio zoca que é un soporte para as botellas.

Que máis venden?

Licores de Ourense, viños coa denominación de orixe galega, paro tamén da Rioxa e Ribera do Duero, e estamos intentando traer viños da ribeira portuxesa. Tamén temos pan de Martiñán os domingos.

Que balance fai?

Levamos pouco abertos e os momentos non son bos, pero non contabamos con este estupendo resultado. A verdade é que estamos moi contentos da acollida.

Comentarios