Martes. 21.05.2019 |
El tiempo
Martes. 21.05.2019
El tiempo

Entregados os premios do I Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz

A casa consistorial meirega acolleu o acto, convocado pola asociación que leva o nome do poeta, coa colaboración dos concellos de Meira e de Riotorto

A casa consistorial meirega acolleu a entrega de premios do primeiro Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, convocado pola asociación cultural que leva o seu nome, coa estreita colaboración dos concellos de Meira e de Riotorto.

En total, nesta primeira edición do concurso, a organización recibiu ao redor de 400 traballos de toda Galicia, dos que 13 deles resultadon premiados por un xurado que estivo composto por Vitoria Quiroga, Marica Campo, Xosé Otero Campo e Montserrat Vidal.

Na categoría A (debuxo), o gañador foi Adrián Illanes Lema, seguido de Sara Figueiro Portabales e Javier Núñez Fernández. O primeiro premio na B (poesía) foi para Inés Barcia Mosquera, o segundo para Andrea Vázquez Camino e o terceiro para Sergio Méndez Alonso. Ademais, houbo un accésit para Xela Martínez Domínguez, todos eles de Lugo.

Natalia Lema, de Vimianzo, coroouse como a mellor na categoría C (poesía), onde Iria Barreiro, de Melide, e Antía López, de Lugo, foron segunda e terceira.

Na categoría de maiores de 18 anos (poesía), o vencedor foi o lucense Emilio Silva Otero, por diante de Manuel Celso Matalobos, de Lugo, e Yoani Jartín, de Meira.

Ao finalizar o acto de entrega dos diplomas e premios, os participantes compartiron uns pinchos cos seus familiares, amigos e coas autoridades municipais.

Entregados os premios do I Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz
Comentarios