Entre satisfacer o cidadán ou silencialo

RESIGNADO, conformista, cívico ou apático. Non sei como cualificar este país que leva uns cantos anos pasándoo tan mal, sufrindo na súa gran maioría recortes e vendo que os sectores privilexiados seguen mantendo a súa renda ou incluso mellorándoa. Instalouse na poboación a sensación de que non queda máis remedio e de que se faga o que se faga ocorrerá o que teña que ocorrer, que é o mesmo que crer no destino e por tanto dá igual que se proteste ou se critique. Pero como dicía Stephen Hawking, incluso a xente que afirma que non se pode facer nada para cambiar o destino mira antes de cruzar a rúa. Por se acaso.

E niso xorde algunha reprobación cidadá e os políticos, malacostumados, lonxe de ser receptivos ao descontento desvirtúano, sexa en Burgos, diante do Congreso ou na Porta do Sol e incluso elaboran leis antiprotesta. Porque a solución parece non ser satisfacer senón silenciar.

Comentarios