Entre paraísos fiscais e desafiuzamentos

MOITOS cartos acumulan algúns. Non sei como fan, pero pasan de súpeto a ser titulares de cifras que moi poucos suman en toda unha vida de traballo. Bárcenas acumulou millóns en varias contas suízas, algúns políticos posúen propiedades por moitísimo máis valor do que resultaría contando os seus soldos de toda a existencia e o fillo de Jordi Pujol manexou cantidades escandalosas en distintos países. Son só uns poucos casos chamativos. Este mundo é dos pillos, deseñado polos economistas que criticaba o falecido José Luis Sampedro, os que queren facer máis ricos os ricos; en contraposición aos que el representaba, os que querían facer menos pobres os pobres. O esquema está concibido para que os que acaparan a maior parte da riqueza a manexen dende paraísos fiscais; porén os que aforran con anos de sacrificios poden perder a maior parte e os que non dan pagado a hipoteca quedan sen casa.

Comentarios