Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Ensinar a quen non sabe

Profesoras a punto de empezar as clases nun colexio público (Foto: EP)
Profesoras a punto de empezar as clases nun colexio público (Foto: EP)

A nova escea universitaria permitiulle á Escola de Formación do Profesorado luguesa converterse en facultade, e o que até de agora eran as diplomaturas de Educación Infantil e Primaria pasan a ser graos de catro anos.

o que comezou sendo a Escola Normal de Lugo, -a primeira de Galicia, fundada no ano 1842-, recibibiu recentemente a consideración de facultade por parte da Universidade de Santiago, co encargo de impartir dous graos: o de Mestre de Educación Infantil e o de Mestre de Educación Primaria. Trátase, en realidade, do centro universitario máis antigo de Lugo, integrado na USC a principios dos anos 1970. Dende 1993 impartía as titulacións de Mestre en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Física e Lingua Estranxeira, que agora pasan a transformarse en dous graos: o de Mestre en Educación Infantil e o de Mestre en Educación Primaria.

Calquera destas dúas carreiras conduce a profesións reguladas. No caso de Infantil, abrangue a etapa educativa de 0 a 6 anos; mentres que no caso de Primaria, ocúpase, de maneira ordinaria, da educación entre os 6 anos e os doce. Trátase dun campo moi demandadao, polo que os centros da USC, tanto o de Lugo como o de Santiago, tiveron sempre uns altas cifras de matrícula e un nivel de demanda superior ao da oferta.

Para estes novos graos, que se imparten nos dous centros con lixeiras diferenzas, a USC estipulou 90 prazas de entrada en cada unha das titulacións para Lugo; e 140 en Primaria e 80 para Infantil en Santiago.

O obxectivo que perseguen estas ensinanzas é formar profesionais capaces de contribuir ao desenvolvemento integral dos pequenos tendo en conta o contexto familiar e sociocultural ao que pertencen e respondendo ás súas necesidades e aos retos educativos da sociedade do coñecemento e da información.

Plano de estudos

Para a elaboración do plano de estudos, o grupo de traballo da Universidade de Santiago de Compostela usou de referencia algúns de outras universidades que lle pareceron especialmente interesantes. Da Universidade da Coruña tomouse como referencia a organización temporal das materias (todas cuatrimestrais, a excepción do traballo de fin de grao na USC), o tamaño das materias de formación básica e obrigatorias (6 créditos) e optativas (4,5 créditos).

Co plano de estudos da Universidade das Illes Balears comparte a organización das materias en módulos para adoptar unha perspectiva integrada da proposta formativa. Por último, co a Universidade de Barcelona coincidiuse na secuencia dos estudos, de xeito que as materias de formación básica se inclúen nos dous primeiros cursos; as obrigatorias de formación didáctica e disciplinar nos intermedios, o Prácticum organízase en en varios cursos, de se gundo a cuarto; e a optatividade sitúase no cuarto curso.

Así, os planos de estudos son moi semellantes nos dous casos para os centros de Lugo e Santiago, coa salvedade de que ofrecen distintas mencións, equivalentes ao que anteriormente se denominaban especialidades, que se obteñen a través da elección de materias. A cada unha delas vincúlanse un total de 42 créditos distribuidos do seguinte xeito: 18 créditos de materias optativas; 18 materias obrigatorias vencelladas; tres créditos do total de doce que supón o Prácticum e tres créditos do traballo de fin de grao, que supón nove en total.

É dicir, o alumno terá que seguir ese itinerario se quere engadir ao seu grao a mención. No caso da facultade de Lugo, conta para Educación Infantil coa mención de Educación Sonora e Visual, mentres que en Santiago se implantou a de Linguaxes Artísticas.

En canto ao grao de Mestre de Educación Primaria, en Lugo pódense cursar as mencións de Biblioteca Escolar, Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Extranxeiras (AICLE), e Tutoría e Xestión de Centros. En Compostela, as opcións son Lingua Estranxeira, Educación Musical e Tic.

Prácticum

Do total de 240 créditos ECTS que debe cursar o alumno para obter o grao, 42 corresponden ás prácticas escolares e 9 ao traballo de fin de grao.

As prácticas desenvólvense en centros de educación Infantil e Primaria recoñecidos como centros de formación en prácticas mediante convenios entre as administracións educativas e a USC. Terá carácter presencial e estará tutelado por profesores universitarios e mestres de educación Infantil e Primaria acreditados como tutores.

O Prácticum divídese en tres partes. A primeira, denominada ‘Vida de aula e tarefas do profesorado’, que se centra nas tarefas que o docente realiza en relación ao contexto inmediato da aula, e analizar e reflexiona sobre o que alí acontece. Faise no segundo curso.

A segunda parte, que leva por nome ‘O centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas’, no terceiro curso, contextualiza as prácticas do docente nun centro e nunha localidade e trátase de deseñar, desenvolver e evaluar proxectos de centro e aula.

Na terceira parte do Prácticum, destinado ao cuarto curso, pretende enfatizar o perfil do mestre innovador, reflexivo e investigador.

Saídas

A meirande parte dos titulados nestes graos oriéntanse ás prazas do ensino público ou privado, aínda que nas memorias dos graos contemplanse outras saídas quizáis menos coñecidas. No ámbito da docencia e da formación, inclúese a educacion infantil e familiar, a alfabetización, formación complementaria e especializada ou educación a distancia.

No eido da xestión e da administración, os profesionais teñen capacidade para desenvolver e levar a cabo programas de atención á infancia, programas didácticos ou xestión empresarial.

No apartado de actividades socioculturais e servicios á comunidade, inclúense as actividades extraescolares e de animación sociocultural, grupos marxinais e minorías étnicas, cooperación para o desenvolvemento ou actividades lúdico-festivas.

Os mestres en Infantil e Primaria tamén poden desenvolver unha labor de asesoramento en xogos, literatura infantil, materiais didácticos ou parques de ocio, entre outras.

HISTORIA

  • De Santo Domingo a Ramón Ferreiro. O centro máis antigo do campus de Lugo instalouse nun primeiro momento no Convento de Santo Domingo, situado na praza que leva o seu mesmo nome. Alí abriu as súas portas no ano 1842. Non sería até máis dun século despois, no 1956, cando se trasladaría ao edificio que ocupa actualmente, situado na Avenida de Ramón Ferreiro.
  • Universidade. O centro continuaría como Escola Nomal nesta céntrica rúa luguesa até que pola Lei Xeral de Educación de 1970 se transformou en Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X,B, adscrita á Universidade de Santiago de Compostela. Fóronlle adxudicadas no plano de estudos de 1971 as especialidades filolóxica, físico-matemática e humana. Dez anos máis tarde asumiu tamén a especialidade de Preescolar. Este plano, con lixeiras variantes manteríase ata 1993.

Estranxeiro

Máis de 12 países para o Erasmus

Os alumnos teñen a posibilidade de facer o Erasmus en Finlandia, Holanda, Reino Unido, Portugal, Francia, Bélxica, Italia, Austria, Alemania, Suecia, Noruega, Hungría ou República Checa.

Profesorado

Segundo a memoria dos graos, o centro de Lugo contaba no curso 2007-2008 con 33 profesores adscritos a Educación Infantil e o de Santiago, 40. En Primaria, había 65 en Lugo e 74 en Santiago, aínda que non se trataba de profesorado de dedicación exclusiva a estas ramas.

Perfil

O perfil idóneo dos alumnos que acceden a estos estudos inclúe o interés por todos os aspectos relacionados coa cultura e a infancia; compromiso social e ético, a curiosidade científica e a habilidade para as relacións interpersoais.

Ensinar a quen non sabe
Comentarios